Política de privacidade

A Sociedade de Imaxe e Promoción Turística de Galicia S.A (en diante Turgalicia) é a entidade responsable dos ficheiros que puideran derivarse da recollida dos datos de carácter persoal subministrados polos usuarios dos seus servizos.

En todo caso, os datos solicitados serán os estritamente necesarios para a xestión, prestación, ampliación e mellora dos servizos ao usuario, a difusión e información relativa ás actividades da entidade e o seguimento de consultas formuladas polos usuarios.

De acordo co disposto na Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro de Protección de Datos de Carácter Persoal, Turgalicia se compromete ao cumprimento da súa obriga de segredo con respecto aos datos de carácter persoal e ao deber de tratalos coa debida confidencialidade. A estes efectos, adoptará as medidas necesarias para evitar a súa alteración, perda, tratamento ou acceso non autorizado. Os niveles de seguridade adoptados por Turgalicia serán os axeitados aos datos que nos facilite, de acordo co previsto no artigo 9 da Lei Orgánica 15/1999 e o Título VIII do Real Decreto 1720/2007, de 21 de Decembro, polo que se aproba o Regulamento de Desenvolvemento da Lei 15/1999, do 13 de decembro de Protección de Datos de Carácter Persoal. En ningún caso os referidos datos serán obxecto de tratamento ou de cesión a terceiros, se non é co consentimento inequívoco do afectado, ou nos supostos previstos nos artigos 6.2 e 11.2 do mesmo corpo legal.

En cumprimento do disposto no Título III do RD 1720/2007, do 21 de decembro, o usuario cedente dos datos poderá, en calquera momento, exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, dirixíndose por escrito á Sociedade de Imaxe e Promoción Turística de Galicia S.A., Estrada SANTIAGO - NOIA KM3, S/N. CP:15896 - A Coruña, ou mediante correo electrónico á seguinte dirección: LOPDTURGA@XUNTA.ES

Voltar  - Regresar